Empresa de Base Tecnolóxica e PYME Innovadora, que xorde como spin-off universitaria no seo do campus vida da Universidade de Santiago de Compostela. Como empresa de orixe universitario mantén fortes vínculos cos servizos de Innovación aplicados ao sector ambiental, forestal e agrícola.
O seu ámbito de traballo céntrase no estudo e análise da cuberta terrestre, para o que emprega técnicas de teledetección e tecnoloxías de información xeográfica. Ditas técnicas baséanse no procesado de datos capturados por sensores remotos que poden estar embarcados en satélites, avións e, cada vez con máis frecuencia, vehículos aéreos e acuáticos tripulados de forma remota.
Xunto coa labor de asesoramento en novos proxectos de investigación e innovación, entre os servizos que oferta destacan a monitorización de masas de auga superficial, inventario e sanidade forestal, elaboración de mapas de apoio á agricultura e elaboración de cartografía temática de coberturas e usos do territorio.
Fitos Destacados
Gestión de pastos en ganadería extensiva
Participación en la Global Lake Ecological Observation Network
Proyecto LIFE Lugo+Biodinamico
Datos de Contacto
Cargo e nome: Marco Antonio Rubinos Román (CEO)
Email: marco.rubinos@usc.es
Teléfono: 982 28 41 50 ext. 2015